Funeral este luns por Rosario Fraga, nai de Pedro Puy e irmá do expresidente galego
19 de agosto de 2018 (20:26 h.)
Faleceu aos 81 anos e foi enterrada na intimidade familiar
Ás oito da tarde deste luns celébrase na igrexa de San Agustín de Santiago un funeral polo eterno descanso de Rosario Fraga, nai do portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, e irmá do expresidente galego Manuel Fraga Iribarne.
Charo Fraga, como era coñecida, faleceu aos 81 anos de idade e os seus restos foron incinerados na intimidade. Licenciada en Dereito, traballou na Administración autonómica durante varios anos. Residía nas inmediacións da capital galega, pero sen renunciar ás súas orixes familiares en Vilalba. Ademais de Pedro Puy, ela e o seu marido, o catedrático Francisco Puy Muñoz, teñen outros seis fillos.