Falece un traballador nun accidente no porto da Coruña
06 de agosto de 2018 (19:34 h.)
O suceso produciuse ás 15.06 horas nunha nave do peirao de Calvo Sotelo
Un traballador de 44 anos faleceu este luns nun accidente laboral no porto da Coruña, informaron a Efe fontes dos servizos de Urxencias.
O suceso produciuse ás 15.06 horas nunha nave do peirao de Calvo Sotelo, onde á vítima, identificada coas iniciais C.A.C., caeron encima varios ferros de cristal de grandes dimensións.
A Autoridade Portuaria da Coruña alertou aos servizos de Urxencias que acudiron á zona pero só puideron confirmar a morte do traballador.