Falece un veciño de Poio pola picadura das velutinas
24 de mayo de 2020 (14:35 h.)
A vítima, de 73 anos e residente na Rúa da Serpe, era alérxica
Un veciño de Poio de 73 anos falecía na mañá deste domingo tras ser picado por vespas velutinas cando se atopaba coa súa parella nunha leira próxima á súa vivenda, situada na Rúa da Serpe, en Raxó.
Segundo informa a Policía Local de Poio, o niño de velutinas estaba situado no interior de eira. O matrimonio foi atacado polas vespas asiáticas, resultando morto o home, que era alérxico. A muller está fóra de perigo.
Ata o punto desprazáronse un helicóptero de urxencias, así como a Policía Local de Poio e a Garda Civil.