Aumentan a 6.147 os casos de covid activos en Galicia

As altas tamén repuntan ►O saldo de falecidos desde o inicio da pandemia sobe a 439 
Confinamiento en Santiago. PEPE FERRÍN
photo_camera Unha familia durante o confinamento. PEPE FERRÍN

Os casos activos de coronavirus en Galicia experimentaron este sábado un lixeiro repunte, ao alcanzarse os 6.147 (cinco máis que o venres). Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, a comunidade suma 439 falecidos desde o inicio da pandemia, 343 en hospitais e 96 residencias.

No outro lado da balanza, en Galicia son xa 1.507 as persoas que superaron a enfermidade, un 3,5% máis que o venres (+51) e iso contribúe —xunto ás persoas falecidas— a que o total de casos activos só creza en cinco persoas. 

A área sanitaria que máis afectados contabiliza é a da Coruña con 1.382 (+11), por detrás atópase Ourense con 1.200 (-7); Vigo con 1.089 (-6); Santiago con 1.030 (=); Lugo con 594 (+3), Pontevedra con 507 (+2) e Ferrol con 345 (=). 

En función da asistencia que reciben os pacientes, 115 permanecen na UCI, 598 están en unidades de hospitalización e 5.434 no seu domicilio. 

A Dirección Xeral de Saúde Pública desta consellería tamén precisou o ata o día de hoxe realizáronse 60.258 PCR. 

Comentarios