Un fallo informático impide dispensar receitas durante horas nas farmacias galegas
31 de julio de 2018 (01:15 h.)
O problema, xa solucionado, afectou ao 60% das prescripcións médicas
Un fallo informático na plataforma que empregan as farmacias galegas produciu que durante unhas horas este luns non se dispesara o 60% das receitas.
Segundo informou a Consellería de Sanidade, este problema produciuse polo "rendemento da base de datos" que retardou o funcionamento do sistema.
Con todo, unha vez detectado o fallo na plataforma, pola tarde a incidencia xa estaba solucionada ao completo en Galicia, explica este departamento.
Deste xeito, esta incidencia provocou que ao longo da xornada os usuarios só puidesen recoller o correspondente ao 40 por cento das receitas.