A familia dunha moza de 17 anos desaparecida desde o xoves pide axuda para localizala

A menor desaparecida en Vigo. TVG

Pensan que pode atoparse pola zona de Nigrán

A familia dunha moza de 17 anos desaparecida desde o xoves pola mañá pide axuda para localizala. A rapaza ten unha minusvalía e está a tratamento psiquiátrico. Segundo informa a TVG, perdéuselle a pista en Vigo, cando saiu para acudir a academia onde estudaba e xa non regresou.

Os seus achegados pensan que podería atoparse pola zona de Nigrán e piden a quen teña algunha pista que se poña en contacto coa garda civil.