Feijóo evita opinar sobre a sucesión de Rajoy: "Mañá falamos do PP"

Alberto Núñez Feijóo. XOÁN REI (EFE)

O presidente da Xunta remítese ao comité executivo do PP

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, evitou este luns pronunciarse sobre a situación do PP tras a saída do Goberno de Mariano Rajoy e as numerosas voces que desde entón apuntan ao seu nome como un posible sucesor á fronte do partido.

"Estou como presidente da Xunta facendo un acto oficial, mañá falaremos do partido", dixo nun acto en Vigo ante máis xornalistas do habitual en actos similares.

"Mañá. Temos executiva, de verdade", respondeu en varias ocasións Núñez Feijóo, que ante a pregunta de se é partidario dun congreso extraordinario ha exclamado un "Uy", ao que acompañou con Grazas, "eh" mentres se afastaba sen contestar. 

A pasada semana, unha vez consumada a moción de censura do PSOE, Núñez Feijóo asegurou que o martes hai unha reunión na que agarda escoitar a Rajoy e repetiu que o seu compromiso é con Galicia.