Feijóo pide a Sánchez reforzo nas residencias e un "peche ordenado" da actividade

Considera que un parón "abrupto" pode xerar problemas nalgúns sectores 

Feijóo, en una multiconferencia con otros presidentes autonómicos. AGN152
photo_camera Feijóo, nunha multiconferencia con outros presidentes autonómicos. AGN

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestou a súa "preocupación" pola subministración de material e pediu un maior esforzo para as residencias durante a videonconferencia que mantivo este domingo co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o resto de líderes autonómicos. 

Segundo informan fontes da Xunta, o mandatario galego reclamou que o peche de actividades económicas non esenciais para a partir deste luns se faga de forma "ordenada" en determinados sectores debido aos "problemas que pode xerar un peche abruptos". 

Entre os ámbitos mencionados por Feijóo na videoconferencia –indican as mesmas fontes– estarían os envases de conserva, as vendas online, a industria siderúrxica ou metalúrxica e as obras en execución. 

Ademais, o titular do Goberno galego solicitou coñecer o decreto que establecerá estas maiores restricións antes da súa publicación "para poder facer achegas". 

Está previsto que Alberto Núñez Feijóo compareza en rolda de prensa ao longo da tarde deste domingo, en canto finalice a videoconferencia cos líderes autonómicos e o presidente do Goberno. 

Comentarios