Un aparatoso accidente rexistrado este xoves en Baamonde (Guitiriz) saldouse unicamente cun ferido de carácter leve. O sinistro produciuse ao redor das sete e cuarto da mañá no quilómetro 593 da autovía A-8, xusto na incorporación desde a A-6.
Nese punto, o coche que conducía o ferido chocou por alcance contra un camión. O turismo, un Peugeot 407, sufriu importantes danos materiais.
Ata o lugar do suceso trasladouse unha patrulla do subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo