Ferido un condutor nun aparatoso accidente na autovía A-8 en Begonte

O vehículo no que circulaba chocou por alcance contra un camión e sufriu importantes danos

El vehículo que chocó con un camión en la A-8 en Guitiriz quedó destrozado. EP
photo_camera O vehículo que chocou cun camión na A-8 en Begonte quedou esnaquizado. EP

WhatsApp Image 2019-04-25 at 09.06.56Un aparatoso accidente rexistrado este xoves en Baamonde (Guitiriz) saldouse unicamente cun ferido de carácter leve. O sinistro produciuse ao redor das sete e cuarto da mañá no quilómetro 593 da autovía A-8, xusto na incorporación desde a A-6.

Nese punto, o coche que conducía o ferido chocou por alcance contra un camión. O turismo, un Peugeot 407, sufriu importantes danos materiais. 

Ata o lugar do suceso trasladouse unha patrulla do subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo