Ferido de consideración un operario ao caer dun poste de telefonía en San Cristovo de Cea
26 de mayo de 2020 (15:44 h.)
Foi evacuado na aeronave ao centro hospitalario de referencia
Un operario que realizaba traballos nun poste de telefonía en San Cristovo de Cea resultou ferido ao caer dunha altura duns cinco metros. Ocorreu no lugar de Facundo, ao fío das 11:45 horas.
Dada á gravidade do accidente, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao traballador ferido.
Nada máis recibir a alerta a través dos efectivos sanitarios, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Garda Civil e de Protección Civil, para prestar apoio a unidade médica.
Finalmente, o operario foi evacuado na aeronave ao centro hospitalario de referencia.