Tres feridos ao descarrilar un tren Feve no Barqueiro
Tres persoas resultaron feridas este mércores despois do descarrilamento do tren Feve da liña Ribadeo-Ferrol, no que viaxan sete pasaxeiros, á altura do Barqueiro (no municipio de Mañón).
A causa do accidente, que tivo lugar ás 21.00 horas, foi un pequeno desprendemento de terra que afectou á vía. O maquinista non puido frear a tempo e produciuse un primeiro impacto, ao que seguiu outro contra un alicerce dunha ponte.
No operativo interviñeron o Ges de Ortigueria, os bombeiros do parque comarcal de Viveiro e Protección Civil de Mañón. Cara ao lugar do accidente desprazouse tamén un equipo de strong <>Bombeiros do Eume, das Pontes, pero a súa actuación non foi necesaria, polo que a medio camiño regresou á súa base.
Como consecuencia deste descarrilamento, Renfe estableceu un plan alternativo de transporte por estrada desde Viveiro no tren de media distancia entre Oviedo e Ferrol.