Dous feridos nunha pelexa multitudinaria en Noitevella na Coruña

Zona na que se produciu a pelexa, na Ronda de Outeiro da Coruña. GOOGLEMAPS
A Policía tivo que mobilizar varias patrullas para frear a liorta e crear un cordón de seguridade

Dúas persoas resultaron feridas leves nunha pelexa multitudinaria rexistrada na madrugada deste mércores, na celebración de Noitevella, na Rolda de Outeiro da Coruña. Segundo informou a Policía Local, para frear a liorta interviñeron tres dotacións de reforzo —dous oficiais e catro policías— e foi necesario mobilizar varias patrullas máis da quenda de mañá para establecer un cordón de seguridade que cortase dous carrís de circulación.

Os dous feridos foron atendidos no centro de saúde da Casa do Mar e non precisaron ser trasladados ao hospital.