Seis feridos nunha pelexa durante unha voda en Cangas
20 de agosto de 2018 (00:05 h.)
Unha discusión polo ruído foi o detonante da liorta
Unha batalla campal con seis feridos leves e a vaixela feita cachizas. Así acabou unha voda en Aldán (Cangas do Morrazo) durante a tarde do sábado. E todo por un enfrontamento a causa do ruído entre asistentes ao banquete e veciños dunha casa próxima ocupada por veraneantes, que expresaron as súas queixas.
Tiveron que acudir ao lugar dúas ambulancias para atender aos lesionados, ningún deles veciño do municipio pontevedrés. Os danos foron cuantiosos.