¿Fin do 'veroño'? Tras o frío deste sábado volve o anticiclón

A inestabilidade predominará na xornada deste sábado en Galicia, cun notable descenso das temperaturas e choiva

Una mujer se resguarda de la lluvia bajo un paraguas. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Vista da cidade de Lugo completamente cuberta de nubes. TINO

A chegada dunha fronte fría a Galicia este sábado achegará inestabilidade e un notable descenso de temperaturas máximas.

Con esta situación, os ceos estarán parcialmente cubertos e co avance da xornada comezarán as choivas que se estenderán de norte a sur. 

Segundo a información de Meteogalicia, os ventos soprarán frouxos no interior, moderados na costa, de norte pola tarde, tras o paso da fronte, cambiando a nordés pola noite.

As temperaturas descenderán, especialmente as máximas. En concreto, por cidades, as máximas oscilarán entre os 25 graos de Ourense e os 17 da Coruña, mentres que as mínimas estarán entre os 7 de Lugo e os 14 da Coruña. 

O DOMINGO VOLVE O ANTICICLÓN. Galicia recuperará progresivamente a influencia anticiclónica. Así, espéranse ceos con alternancia de nubes e claros pola mañána e despexados pola tarde na maior parte da comunidade. 

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios, oscilando entre os 19 graos de Lugo e Ferrol e os 25 de Ourense.

Captura

Comentarios