A Fiscalía acusa de asasinato ao home que degolou á súa parella na Coruña

A Fiscalía aprecia aleivosía no crime polo que o cualifica de asasinato mentres que a defensa non nega a autoría do acusado pero entende que se tratou dun "homicidio-suicidio"

Un hombre mata a su mujer en A Coruña. CABALAR
photo_camera Un home mata á súa muller na Coruña. CABALAR

A Fiscalía considera que o crime dunha muller de 57 anos, veciña da Coruña e que foi degolada polo seu marido nun inmoble da rúa de La Estrella o pasado 18 de xullo, foi un asasinato. Pola súa banda, a defensa non nega a autoría, pero entende que é un "homicidio-suicidio". 

Así llo confirmaron a Europa Press fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) despois de que este mércores tivese lugar unha comparecencia no Xulgado de Violencia sobre a Muller, de acordo co establecido na Lei do Xurado. Nela, as partes trasladaron a súa cualificación inicial duns feitos que para a Fiscalía son asasinato xa que aprecia aleivosía, explicaron as mesmas fontes.

Os FILLOS, ACUSACIÓN PARTICULAR. A defensa non nega a autoría, algo que confesou o home, pero alega que os feitos constitúen un "homicidio-suicidio" o que reduciría a pena de cárcere. Mentres, os fillos presentáronse no proceso como acusación particular. 

Tras coñecerse o crime, a Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero confirmou o carácter machista deste caso. 

Os axentes activaron desde un primeiro momento o protocolo por crime machista, pero a verificación produciuse ao día seguinte da detención do home, de 54 anos e como a falecida de nacionalidade española. Contra el, non existían denuncias previas.