A Fiscalía denuncia a adxudicación da cesión de uso da vella prisión na Coruña

O Partido Popular presentara unha denuncia nos xulgados

Antigua cárcel de A Coruña. EP
photo_camera Antigo cárcere da Coruña. EP

A Fiscalía Provincial da Coruña presentou este luns no Xulgado de Garda do partido xudicial un escrito de denuncia instando a que se investigue, por presunto delito de prevaricación, a adxudicación da cesión do uso do antigo edificio da prisión provincial da Coruña á asociación Proxecto Cárcere, por resolución de 8 de setembro de 2017 ditada pola concelleira de Participación do Concello coruñés.

Desta forma, informan nun comunicado, conclúen as dilixencias de investigación abertas polo Ministerio Público o pasado mes de agosto, por mor dunha denuncia presentada polo Partido Popular.

Segundo a Fiscalía, "as circunstancias investigadas configuran a base indiciaria que permite presentar á instrución xudicial uns feitos dos que parece desprenderse a prevalencia do interese de ceder o uso do edificio á asociación "Proxecto Cárcere" por encima do cumprimento estrito da legalidade".

Por este motivo, o Ministerio Fiscal estima necesario profundar na instrución pola vía xudicial ante a posibilidade dun delito de prevaricación, refugando a existencia de indicios dos delitos contra a administración de xustiza e de malversación que foran tamén obxecto da denuncia inicial.

Comentarios