O ancián acusado de raiar coches queda en liberdade pero será sometido a probas psíquicas

O xulgado de familia competente, informou a mesma fonte, fará agora seguimento da situación, "como en calquera outro caso destas características"

El anciano que raya coches en Vigo. TELECINCO
photo_camera O ancián que raia coches en Vigo. TELECINCO

O xulgado do penal número un de Vigo acordou a posta en liberdade do ancián acusado de raiar coches á vista do informe emitido polo médico forense e, con todo, baixo custodia policial.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia informou de que o xulgado de primeira instancia número doce de Vigo, especializado en Familia, emitiu antes das doce do mediodía un oficio para que o 061 levase a este home ao centro hospitalario Álvaro Cunqueiro para a súa valoración e posible internamento.

O xulgado de familia competente, informou a mesma fonte, fará agora seguimento da situación, "como en calquera outro caso destas características".

J.A.V.V. foi detido este xoves mercé a unha requisitoria xudicial para responder por desfeitas a unha ducia de vehículos, unha causa que debería haberse xulgado o pasado decembro pero na que non compareceu, e sobre a cal se lle ía a comunicar nesta xornada que a vista sería a semana próxima, pero todo está a expensas agora desa valoración que solicitou a Fiscalía pola vía civil.

O obxectivo, informou o Ministerio Público, é o de levar a cabo un diagnóstico completo do estado deste home e, en particular, da súa saúde psíquica, posto que a Policía atribúelle máis dun milleiro de incidentes como os referidos, por encima dun centenar no que vai de ano.

Comentarios