Os concellos galegos ven "moi difícil" implantar a cita previa nas praias

A Fegamp explica que non teñen persoal para asumir o control dos areais ► A Xunta di que a proposta será "flexible" e "voluntaria"
A Lanzada. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera A Lanzada. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Xunta aclarou este martes que a súa proposta para implantar un sistema de cita previa nas praias galegas será "flexible e voluntaria". O Goberno galego respondeu así ás críticas de algúns concellos. E é que a Fegamp considera que sería "moi difícil" instaurar un sistema de autorización previa para controlar o acceso e o aforamento das praias durante o verán xestionado desde os municipios, que non teñen "persoal para asumir" estas tarefas. 

"Non temos medios", admitiu, en declaracións a Europa Press, o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, en relación ao proxecto que perfila a Xunta para controlar o aforamento das praias galegas. 

Este luns, tras unha reunión, o Executivo galego avanzou a súa intención de pór a disposición dos concellos unha ferramenta para o control do acceso aos areais, que comparou co vixente na Praia dáas Catedrais ou cunha ferramenta de cita "previa" que evite aglomeracións. 

Con todo, tal e como recoñeceu o presidente da Fegamp, o sistema "non está moi perfilado" e os municipios aínda non coñecen os detalles, algo que o Goberno galego trasladaralles nunha reunión convocada para o mércores. 

Alberto Varela explicou que non sería igual se a plataforma esixise "control" de acceso e unha "cita previa" para ir á praia ou se se tratase dunha "ferramenta para que os cidadáns puidesen ter información", se queren ir "libremente" a unha praia, acerca do seu grao de ocupación. 

"Moitos compañeiros xa me trasladaron que a xestión por parte dos concellos é moi difícil", explicou Alberto Varela, precisando que a situación "non é a mesma" nun areal urbano ou na Praia das Catedrais, que conta cun único acceso, que en praias máis apartadas, extensas ou que teñen "moitos puntos de acceso". 

"Non dispomos de persoal para controlar. Se é necesario pedir cita e controlalo, vai ser imposible de xestionar por parte dos concellos", destacou.

Recomendacións por parte das autoridades
A opinión desde a Fegamp, subliñou o seu presidente, é que as recomendacións deben ser proporcionadas polas "autoridades con competencia" na materia. "Son eles os que nos guían", engadiu. 

En todo caso, e se é "obrigatorio controlar todas as praias", Varela recordou que se trata de demasiadas "tarefas" que non se poden recargar nos concellos" e que tampouco poden recaer nos socorristas. "Non temos persoal para asumilos todos", resolveu. 

Comentarios