Fomento pon data á conexión Lugo-Madrid en menos de catro horas: 2021
07 de mayo de 2018 (14:29 h.)
O ministro e o presidente galego realizaron a viaxe en tren entre Sarria e Lugo á primeira hora da mañá
O Goberno central anunciou en Lugo este luns que investirá máis de 1.000 millóns de euros na liña ferroviaria Ourense-Lugo para garantir que no ano 2021 a viaxe entre a cidade da Muralla e Madrid dure algo menos de tres horas e 50 minutos.
O anuncio correu a cargo do ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, tras percorrer o traxecto en tren desde Sarria –recentemente posta en servizo a variante da Pobra de San Xiao– xunto ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Actualmente, Lugo e Madrid están conectados por ferrocarril en 6 horas e 20 minutos, segundo os datos que achegou De la Serna.