lunes. 28.09.2020 |
El tiempo
lunes. 28.09.2020
El tiempo

Foron 41 adegas da Ribeira Sacra as que iniciaron a vendima na data oficial de inicio

A vendima na Ribeira Sacra.AEP
A vendima na Ribeira Sacra.AEP

O consello regulador apunta que a tempada arrincou con normalidade ►Case a metade das firmas comezaron xa a recollida

O presidente do consello regulador Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, confirmou que 41 das 95 adegas inscritas no rexistro do órgano reitor iniciaron xa a recollida da uva no territorio amparado pola denominación de orixe, dado que o martes era a data recomendada oficialmente para o inicio da vendima, de acordo cos controis de maduración realizados nas últimas semanas.

En declaracións a EFE, Rodríguez confirmou que a vendima comezou "con normalidade", grazas ao tempo anticiclónico que contribuíu a completar a maduración das uvas e agora está a facilitar os traballos de recollida do froito.

A estas alturas do ano, recoñeceu Rodríguez "que o tempo sexa seco" é a "mellor noticia" para a colleita que comezou a entrar nas adegas.

Segundo o presidente, a uva atópase nun estado óptimo, precisamente grazas a ese tempo seco e asollado, polo que se espera unha colleita boa en canto á calidade, que en cantidade será "normal", ao redor dos seis millóns de quilos de uva.

A vendima, augurou, prolongarase "ata despois do Pilar", pero tamén matizou "que o forte" do traballo de recollida realizarase, previsiblemente, antes desa festividade.

Foron 41 adegas da Ribeira Sacra as que iniciaron a vendima na data...
comentarios