A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) prevé este venres a chegada dunha fronte atlántica que provocará chuvascos fortes ou persistentes no oeste de Galicia e intervalos de vento forte en puntos do extremo norte peninsular.
A entrada desta fronte provocará ceos nubrados ou cubertos en Galicia, con precipitacións, que no oeste poderían ser localmente fortes ou persistentes e acompañadas de treboadas ocasionais. As choivas iranse estendendo ao longo do día ao resto do terzo oeste peninsular, sen descartar que ao final afecten a zonas do resto da metade oeste peninsular.
Pola tarde diminúen as precipitacións e abriranse claros polo oeste. Tamén haberá probables bancos de néboa e brétemas.
A cota de neve situarase no noroeste peninsular, inicialmente, a 1.600-2.000 metros, baixando durante o día, ata os 1.200-1.400 metros, e, no resto, a partir de 2.000-2.400 metros.
As temperaturas diúrnas estarán en descenso en Galicia.
O vento será de compoñente sur con intervalos de forte no litoral galego e zonas de montaña do extremo norte peninsular. Viviranse refachos moi fortes en zonas expostas do litoral occidental durante a madrugada.