Unha nova fronte traerá choivas intensas, ventos do sur e grandes ondas a Galicia este venres. Trátase dunha fronte de circulación do sur intensa e propiciará unha mañá de ceos máis nubrados canto máis ao oeste e de choivas na fachada atlántica.
Pola tarde, as precipitacións serán máis intensas polo noroeste que se irán estendendo ao resto da comunidade autónoma. As temperaturas ascenderán lixeiramente, e o vento soprará forte de compoñente sur.
Ademais, segundo Meteogalicia, o litoral galego estará este venres en alerta amarilla por ventos de forza 7 e ondas de ata cinco metros. En zonas do interior de Pontevedra, Ourense e Lugo espéranse ventos de ata 80 quilómetros por hora. Para o sábado a alerta elevarase a laranxa na costa da Coruña e Pontevedra.
Aínda que a fin de semana tamén estará marcada polos ceos nubrados e as choivas serán habituais, non se espera ningunha fronte como o que entrará en Galicia este venres.