Galicia é a comunidade con máis mulleres de menos de 30 anos sen fillos

O 93,5% das galegas nesta franxa de idade non os teñen

Galicia encabeza el récord histórico en el descenso de la natalidad. AEP
photo_camera Carriños de bebés, en Galicia. AEP

Galicia é a comunidade autónoma con maior proporción de mulleres menores de 30 anos sen fillos e entre as máis elevadas doutras franxas de idade, segundo datos divulgados este martes polo Instituto Nacional de Estadística (Ine) que observa un atraso da idade de maternidade en máis de cinco anos no Estado.

No conxunto de España, segundo unha enquisa do Ine, as dificultades para conciliar a vida familiar e laboral e os problemas económicos polos baixos salarios leva ás mulleres a atrasar a súa maternidade unha media de 5,2 anos respecto da idade na que tiñan previsto ter o seu primeiro fillo.

Engade que a proporción das que non tiveron fillos evoluciona coa idade de forma similar en todas as comunidades autónomas e apunta que a menor porcentaxe de mulleres sen fillos rexístransena Rexión de Murcia, para as menores de 30 anos (77,8%) e para as de 30 a 34 anos (37,0%), en Aragón para as de 35 a 39 anos (18,2%), e en Castela-A Mancha para as de 40 anos e máis (12,0%). 

Ao contrario, as porcentaxes máis elevadas de mulleres sen fillos danse en Galicia para as menores de 30 anos (93,5%), Castela e León para as de 30 a 34 anos (64,1%) e para as de 35 a 39 anos (48,1%), e en Cantabria para as de 40 e máis anos (28,6%). 

Na súa radiografía da fecundidade en España, o Ine conclúe que as medidas de conciliación familiar e o horario son o que máis valoran as mulleres con fillos dun posto de traballo, que a medida que aumenta o nivel educativo atrásase a maternidade, que as que traballan teñen menos fillos que as inactivas e que as estranxeiras teñen máis que as españolas.

En xeral, e a calquera idade, o que máis valoran as mulleres dun posto de traballo é que teña unhas boas condicións económicas. 

As diferenzas aparecen entre aquelas que teñen fillos e as que non os teñen, de modo que as medidas de conciliación familiar e o horario pasan de ser os factores máis importantes para as primeiras aos menos relevantes para as segundas.

Un traballo interesante e satisfactorio persoal e profesionalmente pasa de ser a segunda cuestión máis importante para as mulleres menores de 30 anos sen fillos, a ser a sexta para as mulleres con fillos da mesma idade. 

Comentarios