Galicia esquiva a calor asfixiante pero Ourense alcanza este xoves os 36 graos
Nunha xornada en que gran parte do territorio español alcanzará ou superará os 40 graos —os termómetros sufrirán especialmente no Pirineo de Lleida e a Ribeira de Ebro en Zaragoza, onde as autoridades activaron as alertas de risco "extremo"—, Galicia, e en xeral o Cantábrico, esquivarán a onda de calor sufocante, pero poderán gozar do bo tempo. Así, unha vez superadas as nubes matutinas, o sol brillará en practicamente toda a comunidade galega durante a tarde.
Unha onda de calor sufocante abrasa España: máis de 44 graos de día e 25 de noite
As altas temperaturas continuarán o venres. Na Boa Vila estímase que se chegará aos 28 graos, mentres que en Lugo alcanzaranse os 32 e en Ourense se nbsp;rozarán&os 40 graos.
ESPAÑA. E é que a onda de calor que desde este mércores afecta a case toda España terá o seu punto máis álxido entre o venres e o domingo próximos, cando se poderían superar os 44 graos de día e os 25 de noite nalgunhas zonas e dispararse o risco de incendio e os índices de radiación ultravioleta. Por iso, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, pediu este mércores en Canarias a "máxima prudencia e toda a colaboración" ante o risco de que se produzan incendios durante a onda de calor na que España está inmersa estes días.