Galicia perde 2.190 votantes con respecto á cita do 5 de abril

Esta caída prodúcese a pesar de que o censo de emigrantes volveu a crecer, en 720
Una persona deposita su papeleta en una urna. SALVADOR SAS (EFE)
photo_camera Unha persoa deposita a súa papeleta nunha urna. SALVADOR SAS (EFE)

Galicia perde un total de 2.190 votantes no censo electoral para o 12 de xullo con respecto á cita do 5 de abril, segundo se desprende das cifras publicadas este venres polo Instituto Nacional de Estadística (Ine). Esta caída prodúcese a pesar de que o censo de emigrantes volveu a crecer, en 720 persoas, mentres que o descenso en territorio galego é máis acusada, ao descender o número de galegos en 2.910 persoas. 

Así, un total de 2.697.315 galegos están chamados ás urnas o próximo 12 de xullo, segundo as táboas do Ine publicadas este venres, e recollidas por Europa Press. Deles, 2.234.152 son galegos residentes na comunidade e 463.163 no estranxeiro. 

Na cita prevista para o 5 de abril, había 2.699.505 persoas chamadas a votar (2.237.062 residentes en Galicia e 462.443 no estranxeiro), o que supuña xa unha perda do número de votantes con 1.961 menos que en setembro de 2016. 

Por provincias, na Coruña hai 1.088.032 electores (927.938 na comunidade e 160.094 residentes no estranxeiro); en Pontevedra, 907.088 (773.024 e 134.064, respectivamente); en Ourense, 359.226 (257.826 e 101.400, respectivamente); e en Lugo, 275.364 (342.969 e 67.605, respectivamente).

Aínda non están dispoñibles os datos de votantes que cumpriron 18 anos desde a última convocatoria electoral. 

Comentarios