jueves. 13.05.2021 |
El tiempo
jueves. 13.05.2021
El tiempo

Galicia recibirá 22 millóns para entidades sociais e a loita contra a pobreza

José Manuel Rey Varela. PEPE FERRÍN
José Manuel Rey Varela. PEPE FERRÍN

Rey Varela está "relativamente satisfeito" coa repartición de fondos aínda que pide "avanzar" en criterios de distribución obxectivos

Galicia recibirá 22,2 millóns de euros de fondos estatais para "loitar" contra a pobreza infantil e o Plan Concertado, así como para axudas destinadas a entidades sociais a través do Imposto da Renda das Persoas Físicas (IRPF). Esta cifra supera en dous millóns a orzada polo Goberno no exercicio pasado. 

Así o sinalou este xoves o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, ao termo da reunión extraordinaria do Consello Territorial de Servizos Sociais e Dependencia, celebrada en Madrid, con motivo da repartición de fondos estatais destinados a programas e axudas para entidades sociais. 

Logo da reunión, Rey Varela mostrouse "relativamente satisfeito" cos resultados da mesma, xa que "o incremento das achegas do Estado é un punto positivo". 

Por iso, explicou que "é necesario seguir traballando" para "avanzar nuns criterios de distribución" que atendan a características como a maior esperanza de vida e a dispersión da poboación que ten Galicia e que "fai necesaria unha maior achega do Estado".

Así, a modo de exemplo, recordou a iniciativa do Plan Concertado, que permite "mellorar os servizos sociais básicos e de proximidade do concello", ao que Galicia destina 12 millóns de euros, dos cales só 3 son achegados polo Goberno. "O esforzo que está a facer Galicia é moi superior ás transferencias económicas que recibe do Estado", apuntou.

CRITERIOS DE DISTRIBUCIÓN "MÁS HOMOXÉNEOS". Ademais, o conselleiro insistiu na "necesidade" de fixar "uns criterios máis homoxéneos e pactados coas comunidades autónomas na distribución dos fondos sociais" e "que se teña en conta non só a taxa Arope —que mide a pobreza e a exclusión social—, senón tamén aspectos poboacionais". 

Así mesmo, advertiu do reducido que é o prazo que teñen as comunidades para a "xestión e repartición" dos fondos asignados entre as entidades que operan en cada territorio, así como de que este ano "non se suplementaron fondos ás autonomías para levar a cabo a xestión destas partidas". 

Finalmente, durante a súa intervención na reunión, Rey Varela manifestou que "hai un compromiso de traballar nesta liña de avanzar en criterios obxectivos na distribución do IRPF e demais fondos sociais", xa que "as comunidades levan anos incrementando os orzamentos destinados a políticas sociais, a pesar das dificultades económicas dos últimos tempos".

VOTO FAVORABLE A AROPE. O conselleiro de Política Social xa avanzara previamente o voto favorable da comunidade galega á proposta do Ministerio de Sanidade de introducir a taxa Arope como criterio para a repartición dos 11 millóns de euros que se recadaron de máis con respecto ao ano anterior, a través da casa do 0,7% do IRPF para fins sociais. 

Con todo, explicou á entrada do Consello Territorial de Servizos Sociais que a Xunta absteríase no punto sobre a repartición do IRPF, de acordo ao modelo de dobre tramo, que actualmente establece que o 20% do recadado a través desta casa corresponde repartilo ao Estado e o 80% ás comunidades. 

Galicia recibirá 22 millóns para entidades sociais e a loita contra...
comentarios