Galicia reduce os casos activos e a presión hospitalaria

Os hospitais galegos contan con 328 pacientes con covid, 17 menos que o martes
O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). EP
photo_camera O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). EP

Galicia rexistrou na última xornada unha redución da presión nos hospitais pola covid-19, con 17 pacientes menos, mentres un día máis continúa a redución de casos activos de infección por coronavirus, 365 menos, e os contagios tamén diminúen.

Con todo, notificáronse cinco falecementos, co que a cifra total de mortes alcanza xa as 2.499 en toda a pandemia.

Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) das 18 horas deste martes, hai 328 pacientes ingresados por esta enfermidade, dos que 275 están en camas convencionais, o que supón 16 menos que o luns, e outros 53 na UCI, un menos.

O número de casos activos baixou ata os 16.106, tras unha redución de 365 fronte aos 353 do día anterior. En canto á cifra de contagios, foi de 722 nunha xornada, mentres que o luns ascendeu a 781.

A incidencia acumulada en Galicia é 546,30 casos por cen mil habitantes a catorce días, case trece puntos inferior á do martes, aínda que segue por encima da media española, de 528,38. 

A taxa de positividad das probas realizadas mantense no 11 %, frente ao 13,81 % no conxunto do Estado, segundo os datos facilitados este luns polo Ministerio de Sanidade.

En Galicia administráronse 3.685.055 dose da vacina contra a covid-19 e hai 1.809.629 persoas que recibiu a pauta completa. 

Comentarios