O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este venres que as restricións impostas pola covid-19 en máis de 60 municipios iranse relaxando en función de que a curva de contagios vaia diminuíndo, como ocorreu no Carballiño (Ourense).
En cambio, explicou tras o Consello da Xunta, estas restricións pódense estender a outras localidades se os seus datos non son bos, como decidiu facer o comité clínico que asesora á Xunta en Vilalba e A Laracha (A Coruña) nas últimas horas.
Preguntado polo plan de Galicia ante a ponte de decembro, xa que outras comunidades decidiron manter ou ampliar os seus peches perimetrales para esas datas, Núñez Feijóo insistiu en que o plan autonómico non variou, é coñecido e conta co aval do comité de expertos.
Se cumpren as restricións e teñen efecto abriranse aquelas localidades que están pechadas, máis de 60 na actualidade, entre elas as grandes cidades e boa parte das súas áreas metropolitanas, e se non, advertiu, continuarán as medidas.