lunes. 19.10.2020 |
El tiempo
lunes. 19.10.2020
El tiempo

Galicia rexistra este luns catro novas mortes por covid e un descenso dos casos activos

Unha muller sométese a unha proba PCR. TONI GALÁN (EFE)
Unha muller sométese a unha proba PCR. TONI GALÁN (EFE)
Os últimos falecidos son unha muller de 87 anos e un usuario de maiores da Coruña

A Consellería de Sanidade notificou este luns a morte doutras catro persoas con covid-19 na comunidade, co que o total de falecidos en Galicia por mor da pandemia sitúase nos 720. Os últimos decesos confirmados son o dun home de 88 anos que se atopaba en atención domiciliaria na área sanitaria da Coruña e o doutro home, tamén de 88 anos, que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Xa ao mediodía, Sanidade informara do falecemento dunha muller de 87 anos, tamén con patoloxías previas, que se atopaba ingresada no Complexo Hospitalario de Ourense, así como a morte dun usuario da residencia de maiores Orpea de A Coruña –ademais do último falecemento rexistrado no Hula–.

Este domingo foron catro os falecementos notificados polas autoridades sanitarias vinculados á Covid-19, tres deles usuarios da residencia DomusVi Lugo, situada en Outeiro de Rei e intervida pola Xunta. Desde o comezo da nova normalidade, o número de pacientes falecidos coa enfermidade en Galicia é de 97.

BAIXAN OS NOVOS POSITIVOS PERO AUMENTAN OS CRÍTICOS. Sanidade informou de que este luns o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.304. Isto supón que a cifra de novos positivos baixa dos 200 (194 concretamente) e que descenden os casos activos (46 menos) xa que houbo máis altas.

Do total, 1.148 son da área da Coruña, 689 da de Lugo, 541 da de Ourense, 667 da de Pontevedra, 457 da área de Vigo, 625 da de Santiago, e 177 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 32 están en Uci (tres máis), 211 en unidades de hospitalización e 4.061 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 16.995 persoas curadas e rexistráronse 718 falecementos.

Galicia rexistra este luns catro novas mortes por covid e un...
comentarios