Galicia supera os 40 mortos por coronavirus

Este xoves rexistráronse 10 mortes na comunidade
Un sanitario durante as recollidas de mostras a persoas desde o seu propio coche para detectar casos de coronavirus. EUROPA PRESS
photo_camera Un sanitario durante as recollidas de mostras a persoas desde ou seu propio coche para detectar casos de coronavirus. EUROPA PRESS

Galicia viviu este xoves a súa peor xornada pola pandemia de coronavirus, con dez mortos que elevaron o total ata 43 falecidos. O último en confirmarse foi un home de 97 anos ingresado no CHUAC e que tiña patoloxías previas.

Pola tarde confirmáronse as mortes dun home de 84 anos e unha muller de 72 ingresados no CHUAC; un home de 63 que estaba no CHUO e un home de 81, no Miguel Domínguez de Pontevedra, Todos presentaban patoloxías previas.

Pola mañá notificouse o falecemento de strong <>unha muller de 89 anos que estaba ingresada en Santiago e un home de 57 que era atendido en Vigo. 

En concreto, a muller falecida estaba no compostelán Policlínico da Rosaleda e o home no vigués Hospital Álvaro Cunqueiro e aínda que ambos foran diagnosticados de coronavirus, tiñan varias patoloxías previas, tal e como informan as autoridades sanitarias. 

Este xoves faleceron tamén outros tres homes: un de 74 anos de idade que estaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, e outros dous de 87 anos asistidos no Complexo Hospitalario de Ferrol (Chuf) e no Hospital Policlínico A Rosaleda. Todos eles presentaban patoloxías previas.