Galicia vivirá unha fin de semana de neve e frío polar

A cota baixará ata os 500 metros na madrugada do domingo

Un caballo entre la nieve en Friol. XESÚS PONTE
photo_camera Un caballo entre la nieve en Friol.XESÚS PONTE

Unha segunda fronte fría, despois da que deixou importantes nevadas en boa parte de Galicia este xoves, provocando cortes de estradas e deixando por centos de alumnos sen clase, chegará este sábado á comunidade. Desta forma espéranse máis nevadas, coa cota situada nos 500 metros na madrugada do domingo e entre os 1.000 e os 1.200 metros nas horas centrais de ambas as xornadas da fin de semana.

O temporal de frío e neve non só afecta a Galicia. Se este xoves 13 comunidades estiveron en alerta, dúas delas en nivel vermello, o sábado estarán máis comunidades por nevadas e ventos intensos. En Galicia quedarán baixo alerta amarela desde o mediodía as comarcas da Montaña de Lugo e do interior de Ourense.


TEMPERATURAS BAIXO CERO. As temperaturas seguirán sendo moi frías. Este xoves a mínima rexistrouse en Carballeda de Valdeorras, con -7,4 graos. Nas grandes cidades, Lugo rexistrou a temperatura mínima, con 0,3 graos. Non se esperan grandes cambios durante a fin de semana. 

Ceos nubrados ou cubertos, con choivas débiles e chuvascos dispersos na Coruña e Lugo durante a mañá do sábado que se intensificarán e estenderanse ao resto da comunidade durante a tarde.

O domingo a cota de neve partirá dos 500 metros para ascender progresivamente ata os 700. Para o inicio da próxima semana persistirá a onda de frío polar. 

Comentarios