A Garda Civil detén un mozo de Lalín por agredir sexualmente a súa exparella

O home, de 31 anos, quedou en liberdade tras declarar ante o xuíz

Un veciño de Lalín, de 31 anos de idade, foi detido como presunto autor dunha agresión sexual á súa exparella. Así o confirmaron fontes da Garda Civil, que arrestaron ao sospeitoso por mor dunha denuncia presentada pola vítima nas dependencias do Instituto Armado.

Unha vez prestada declaración ante o xuíz responsable do caso, o lalinense quedou en liberdade na xornada deste mércores.

Sobre o detido pesa unha orde de afastamento contra a agredida, á que non poderá achegarse a unha distancia inferior aos 100 metros, segundo precisaron os responsables da investigación. Dáse a circunstancia de que ao individuo acúsaselle de dous delitos de violación e abusos sexuais continuados.