viernes. 10.04.2020 |
El tiempo
viernes. 10.04.2020
El tiempo

Gómez-Reino e Noriega apuran as conversacións para unha coalición

Gómez- Reino e Martiño Noriega. AEP
Gómez- Reino e Martiño Noriega. AEP
O prazo acaba o venres

A dous días do peche do prazo para o rexistro de coalicións ás eleccións autonómicas, Antón Gómez-Reino por Podemos e Martiño Noriega por Anova apuran as conversacións para explorar a posibilidade de pechar unha alianza que suporía evitar a atomización da esquerda rupturista na cita coas urnas do 5 de abril. 

O día no que Luís Villares anunciou o seu adeus á política, o que deixa máis no aire a posible participación de En Marea nos comicios do 5A, o secretario xeral da formación morada galega e o exalcalde de Santiago mantiveron este mércores unha nova reunión na que avanzaron nas conversacións para tratar de lograr unha candidatura conxunta. 

As diferenzas entre as posturas limáronse con respecto ao comezo da semana, cando o acordo parecía remoto ao non ceder ambas as partes nas súas pretensións, que pasaban pola integración de Anova na coalición Galicia en Común, que os nacionalistas pretendían ampliar coa suma das mareas de Santiago e A Coruña. 

Cos contactos producíndose, ademais de entre Noriega e Gómez-Reino, no plano das organizacións, o papel de Podemos como formación que achegue a cabeza de lista da coalición. O venres arrincan as votacións das primarias do partido morado para elixir candidatos, con Gómez-Reino como única persona postulada para liderala. 

Neste contexto, Podemos e Anova emprazáronse a continuar este xoves coas conversacións, aínda que a decisión definitiva sobre se haberá candidatura unitaria podería retrarsarse até o venres, día no que, a medianoite, conclúe o prazo para rexistrar coalicións.

PARA INTEGRAR. As mareas de Santiago e A Coruña reunirán, neste escenario, ás súas asembleas este xoves, a partir das 19,30 horas, para tomar posición sobre a fórmula de concorrencia e as posibles alianzas, unha postura que, en todo caso, terá que ser definitiva o vindeiro venres. 

Mentres, e após o adeus de Luís Villares á política, dúas dos deputados afíns a el –procedentes do nacionalismo–, Paula Vázquez Verao e Davide Rodríguez, pronunciáronse a favor dunha "alianza ampla soberanista, de persoas, candidaturas municipalistas, colectivos e organizacións políticas galegas soberanas", o que excluiría a Podemos e Esquerda Unida. 

De feito, nas súas redes sociais, compartiron un texto no que consideran que as eleccións galegas poden ser un "salto cualitativo" para a consolidación do soberanismo, tanto para ser, a curto prazo, determinante e forte nun "posible goberno galego progresista", como a nivel estratéxico "fortalecer a base soberanista e, no contexto de reconfiguración territorial do Estado, ter presenza como nación". 

No escrito lamentan a marcha de Luís Villares, o maxistrado en excedencia que foi chamado en 2016 para encabezar o proxecto de En Marea, proxecto do que se marcharon os principais impulsores. "Desde onde sexa e como sexa, traballaremos por estes obxectivos: "o desaloxo de Feijóo e o liderado soberanista da alternativa". 

Gómez-Reino e Noriega apuran as conversacións para unha coalición
Comentarios