Beléns
De interese turístico
- Electrónico de Begonte. Do 3 de decembro ao 28 de xaneiro. Móntase ininterrompidamente desde 1972 con pezas artesanais e mecanismos electrónicos para o seu movemento. 150 m2 con máis de 150 figuras.
- Artesanal en movemento de Valga. Do 4 de decembro ao 8 de xaneiro. É das composicións do Nadal máis espectaculares de Galicia, tanto polas súas dimensións como por incorporar tamén elementos da actualidade.
A Coruña
- De la Grande Obra de Atocha. Do 25 de decembro ao 6 de xaneiro. Inaugurado en 1953 e restaurado en 2001, faise a escala do mapa de Xerusalén. O seu autor foi Camilo Díaz Baliño.
- Municipal da Coruña. Do 9 de decembro ao 6 de xaneiro. Aparecen representadas persoas relevantes da historia da cidade.
- De Betanzos. De mediados de decembro a mediados de xaneiro. Preténdese representar con narración gravada e movemento a historia, xeografía, etnia e actividades diversas.
- Da Orde Terceira. Desde o 26 de novembro. Realizado por Alfredo Martín. Conta con máis de 60 anos de historia e máis de 200 figuras con movemento.
- Da sociedade cultural O Tilo. Do 3 de decembro ao 8 de xaneiro. Iniciouse en 1994. Consta de máis de 300 figuras de barro lienzado, das que 35 son móbiles. Belén de estilo hebreo.
- Da catedral de Santiago. Ata o 8 de xaneiro. De estilo napolitano con arredor de 500 figuras artesanais e moitas con movemento.
- De San Fiz de Solovio. Do 2 de decembro ao 5 xaneiro. Cedido e montado por José Uzal Máis de 200 figuras de barro e lenzo pintado, todas feitas a man.
- Familiar de Conxo. Do 6 de decembro ata o 8 de xaneiro. A familia Otero Moreira abre as portas da súa casa para poder contemplar este belén iniciado en 1945.
- Da Colexiato do Sar.Conta con 300 figuras artesanais, 100 delas con movementos e luz. A auga e o seu movemento (muíño, fervenza e río) son naturais. Ten función de día e de noite.
Lugo
- Concursode Belenismo. O belén quedará instalado no edificio de Afundación ata o 7 de xaneiro.
- Viveiro ante o Berce. Desde a ponte da Inmaculada ata o 14 de xaneiro. A escala natural destaca pola ambientación e o realismo.
- De Mondoñedo. Desde o 2 de decembro ata pasar Reis. É de madeira e está iluminado. Conta con tres caixas de correo para as cartas aos Reis Magos.
Ourense
- De Arturo Baltar. Do 17 de decembro ao 6 de xaneiro. Realizado polo escultor Arturo Baltar, con figuras de barro cocido, nas que se pode recoñecer populares personaxes da cidade das Burgas.
- Exposición Beléns do Mundo. Do 13 de decembro ao 5 de xaneiro. Máis de 150 beléns vidos dos lugares onde están presentes os misioneiros diocesanos.
- De Parada de Sil. Do 1 de decembro ao 15 de xaneiro. Realizado por José María Campo Herrero, conta con 200 pezas en barro e madeira e conta cunha reprodución do mosteiro de Santa Cristina.
- Da Viruca. Do 8 de decembro ao 6 de xaneiro. Ducias de figuras, moitas móbiles, que recollen escenas bíblicas e oficios tradicionais, coa particularidade de contar con reproducións a man de vivendas significativas de Verín.
Pontevedra
- Monumental de Vigo. Do 25 de novembro ao 6 de xaneiro. A mostra conta con case 200 figuras. A montaxe estivo a cargo da Agrupación Belenista La Morana e modelada polo escultor Jose Luis Mayo Lebrija.
- LVII Concurso de Beléns. Do 1 de decembro ao 7 de xaneiro.
- Artesanal en movemento. Do 3 de decembro ao 8 de xaneiro. Con máis de 600 pezas deseñadas por Fernando Fernández Penedo, e un centenar de figuras en movemento grazas a motores reutilizados.
- De Herville. Desde o 8 de decembro ata o 16 de xaneiro. Organizado pola asociación cultural e social desde 2006 en 80 metros cadrados.
- Do pazo de Mos. Do 1 de decembro ao 7 de xaneiro.
- Artesanal de Ponte Caldelas. Do 11 de decembro ao 5 de xaneiro. Este ano é de estilo hebreo, deseñado por Antonio Varela e Marisol Peso. O Nacemento imita unha aldea xudía.
- De Tui. Do 20 de decembro ao 8 de xaneiro. Está situado xunto ao retablo da Expectación. A exposición Beléns do Mundo pódese ver tamén por todas as naves da catedral.
- Da comandancia da Garda Civil. Lévao montando varios anos Antonio Varela Mourelle, centrado na etnografía e rural galegos. Conta cunhas 140 pezas que, excepto as figuras, foron feitas a man polo autor e Marisol Peso.
- De Moraña. Do 10 de decembro ao 15 de xaneiro. Recrea as parroquias do concello, oficios tradicionais, edificios emblemáticos.
Mercados
A Coruña
- De Nadal. Do 2 ao 31 de decembro. Téxtil, bixutería, decoración, xoiería, cerámica, percusión e marroquinería son algúns dos tipos de produtos que se venderán nas 25 casetas.
Ferrol
- De Nadal. Ata o 9 de xaneiro. → Regalarte. Do 4 ao 11 decembro.
Santiago
- De Nadal. Carreira do Conde: do 2 de decembro ao 5 de xaneiro. Área Central: do 26 de decembro ao 5 de xaneiro. Produtos de Nadal, gastronomía gourmet e decoración propia da época e artesanía, deseño e agasallo orixinal.
Lugo
- XX Artenadal. Do 17 de decembro ao 5 de xaneiro.
Ourense
- De Nadal. Do 2 de decembro ao 6 de xaneiro.
- Poboado de Nadal. Do 15 de decembro ao 9 de xaneiro.
Pontevedra
- XX Pontenadal. Do 16 de decembro ao 5 de xaneiro.
- Poboado de Nadal. Do 16 de decembro ao 7 de xaneiro.
Vigo
- Calvario. Do 3 de decembro ao 30 de xaneiro. Mercado con produtos de Nadal, gastronómicos, de agasallo e de artesanía na zona peonil do Calvario.
- Cíes-Market. Do 20 de novembro ao 16 de xaneiro. Orixinais casetas de madeira nas que se poten atopar produtos de artesanía, obxectos decorativos, gastronomía, agasallos.
- Circo de Nadal. Do 2 de decembro a 8 de xaneiro. Unha nutrida troupe de artistas chegados de distintos países, trasladarán ao público unha historia que pretende xuntar a maxia do circo e do Nadal.
Cidade da Cultura
- Nadal no Gaiás. Do 16 de decembro ao 8 de xaneiro.
- O Bosque de Papel. Do 16 de decembro ao 6 de xaneiro. Este ano a decoración de Nadal escapa do contexto nórdico e está ambientada máis en Galicia e nas nosas paisaxes, que se recrearán con figuras de papel e cartón en forma de árbores e animais, formando un bosque.
- Factoría de Adornos. Do 16 ao 30 de decembro. Agás 19, 20, 21, 24 e 25. Unha fábrica de adornos de Nadal co papel como materia prima e o origami como técnica.
- Galiverso de Nadal. Do 2 ao 5 de xaneiro. Novas experiencias de realidade virtual vinculadas ao inverno e ás celebracións propias destas festas.
Artesanía
Viveiro
- VIII Mercado de Nadal A Trastenda de Nicomedes. Do 20 de decembro ao 4 de xaneiro.