Gravan a dous osos pardos na Serra do Courel

As imaxes foron obtidas no mes de abril por un membro do proxecto LIFE OsoCourel

Dous osos foron gravados o pasado mes de abril desprazándose por Serra de O Courel. As imaxes foron obtidas por un membro do proxecto LIFE OsoCourel, seguindo as medidas de seguridade impostas pola pandemia do covid-19.

"O cheiro é un potente instrumento de comunicación entre os osos, como entre moitos outros animais. Nestas imaxes obtidas cun dispositivo automático na Serra do Courel podemos ver polo menos dous exemplares distintos. O primeiro deixa nunha árbore a mensaxe da súa presenza que outros lerán", explica a Fundación Oso Pardo na súa canle de Youtube.

Hai apenas unha semana este xornal informaba tamén da primeira gravación dun oso pardo na Serra do Invernadeiro, en Ourense. 

Comentarios