Un hidroavión sorprende aos bañistas na Lanzada
05 de agosto de 2019 (23:18 h.)
A mañá deste luns, os bañistas que estaban a gozar da xornada de praia na Lanzada víronse sorprendidos por un hidroavión utilizado na loita contra incendios.
A falta de balizas na praia fixo que o piloto se achegase demasiado á beira. Alí, realizou unha manobra que pretendía ser un saúdo aos bañistas pero que non foi interpretada por todos da mesma xeito, xa que "algúns asustáronse da manobra".