Un veciño de Ponteareas, ferido de bala durante unha batida en Ourense
23 de septiembre de 2018 (16:14 h.)
O home, de 39 anos, foi trasladado a un hospital ourensán para ser intervido
Un home de 39 anos, veciño de Ponteareas, resultou ferido tras recibir un disparo accidental dun compañeiro durante unha batida cando perseguían a unha peza de caza na provincia de Ourense.
Segundo informou a Comandancia da Garda Civil, un grupo de cazadores participaban nunha batida na paraxe coñecida co nome do Cruceiro, no termo municipal de San Cristovo de Cea, na provincia de Ourense, cando un deles sufriu unha caída.
O cazador disparou accidentalmente a arma impactando o disparo no fémur desta persoa.
A causa do impacto, o home tivo que ser trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para ser intervido cirurxicamente.