Un home de 65 anos, terceira vítima galega por picadura de vespa nunha semana

A vítima mortal atopábase traballando nunha horta situada nas inmediacións da súa casa, en Parada

Un nido de avispas
photo_camera Un niño de avispas

Un home de 65 anos, veciño da parroquia de Parada, no municipio ourensán de San Cristovo de Cea, faleceu este sábado pola reacción á picadura dunha vespa, insecto ao que era alérxico

O suceso tivo lugar ás 18,00 horas do sábado. O falecido atopábase traballando nunha horta situada nas inmediacións da súa casa, en Parada. 

Tras notar a picadura do insecto, ao que era alérxico, o home acudiu ao interior da casa, onde sou muller aplicoulle unha inxección de adrenalina. 

Urxencias Sanitarias 061 mobilizou unha ambulancia e o helicóptero medicalizado, que se desprazaron ao momento. Con todo, os efectivos sanitarios non puideron facer nada pola vida do home, que faleceu no lugar. 

Trátase da terceira vítima mortal por picadura de vespa nunha semana. O primeiro caso produciuse en Viveiro o pasado día 14 a consecuencia da picadura dunha vespa velutina. Días máis tarde, un veciño do Porriño faleceu cando realizaba tarefas de limpeza nunha leira. O home foi atacado por vespas velutinas.

Dúas das vítimas –a deste sábado e a do Porriño– eran alérxicas ás picaduras de vespa.