Un home falece en Navia de Suarna tras sufrir un accidente no monte

Corta de árbores nun monte lucense. JOSÉ Mª ÁLVEZ (AEP)

A vítima estaba a cortar árbores na montaña ► A pesar dos intentos de reanimación, os servizos de urxencia non puideron facer nada por salvarlle a vida

Un home faleceu este mércores no concello lucense de Navia de Suarna tras sufrir un accidente mentres cortaba árbores no monte. Pasadas as 18.30 horas da tarde, o persoal sanitario informaba ao 112 Galicia da saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense cara ao Centro de Saúde de Navia de Suarna, para o posible traslado dunha persoa que sufrira un accidente no monte.

Tras o aviso, desde o CIAE solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil.

A pesar dos intentos de reanimación, os facultativos só puideron confirmar o falecemento da persoa.