O home que morreu en Oleiros foi golpeado cun cinceiro metálico

Expertos de criminalística da Garda Civil recollen probas en Bastiagueiro tras a morte do home. CABALAR (EFE)
Os dous detidos, de 27 e 33 anos, son veciños da Coruña

O home de 32 anos que faleceu tras unha liorta nunha festa de Noitevella en Oleiros foi golpeado na cabeza cun cinceiro metálico, segundo informaron fontes da Garda Civil. Esa parece ser a causa da morte, pero aínda faltan os resultados da autopsia, que tardarán uns días. 

Os dous homes, de 27 e 33 anos, detidos como supostos responsables da morte son veciños da Coruña e pasarán a disposición xudicial este venres, cando terminen as declaracións. 

A vítima, veciño de Meicende (Arteixo), morreu cara ás 6.00 horas do mércores tras recibir o golpe na cabeza durante unha pelexa no interior e posteriormente no exterior dun hotel na zona de Bastiagueiro, onde se celebraba a entrada do Ano Novo. Á festa tamén asistían familiares do falecido.