Un home resulta ferido ao saírse da vía e chocar contra unha casa en Agolada

O accidente tivo lugar na madrugada deste luns na parroquia de Ventosa

Un home resultou ferido logo de saírse da vía co coche que conducía e chocar contra unha casa na PO-212, en Ventosa.

Un particular alertou pasadas as 00.15 horas deste luns ao 112 Galicia e indicou que o condutor estaba atrapado no interior do turismo.

Urxencias puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros do Deza e do GES de Lalín e informaron da situación aos axentes de Tráfico, Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Os Bombeiros indicaron que finalmente aínda que non foi necesario o uso do material de excarceración, si axudaron á persoa a saír do interior do turismo que enseguida foi evacuada polos servizos sanitarios en ambulancia.