Identifican o corpo do home achado no río Miño, ao seu paso por Toén

Trátase dun veciño de Ourense, de 43 anos, que levaba desaparecido desde xaneiro

O corpo localizado este xoves nas augas do Miño, no lugar de Feá, pertence a Juan Antonio Prieto Cañizo, de 43 anos, que permanecía en paradoiro descoñecido desde o pasado 13 de xaneiro, así o recolle a autopsia practicada. 

O cadáver presentaba un estado avanzado de descomposición e non mostraba signos de violencia.

O home desapareceu da súa casa, na zona de Reza, en Ourense, na madrugada do día 13, tras unha discusión coa súa muller. O seu vehículo apareceu días máis tarde aparcado no barrio ourensán de Covadonga.