A influencia anticiclónica continúa: mércores asollado en toda a comunidade
24 de octubre de 2018 (03:16 h.)
As máximas quedarán en valores superiores aos 20 graos
O mércores as altas presións situadas sobre Irlanda deixarán moita estabilidade atmosférica en Galicia. Isto fará que o ceo estea despexado en toda a comunidade.
As temperaturas continuarán sen cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente leste, sendo moderado no litoral norte.
Mínimas e máximas previstas nas principais cidades:
A Coruña 13°/22°; Ferrol 12°/23°; Lugo 8°/21°; Ourense 9°/25°; Pontevedra 14°/ 24°; Santiago de Compostela 12°/22°; Vigo 16°/ 26°