Ingresa en prisión unha muller investigada por trata de seres humanos

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sinalou que a comisión de tal delito sería con fins de explotación sexual

Unha muller, da lista de once detidos nunha operación policial contra a prostitución acometida na cidade da Coruña, en concreto en edificios do barrio dos Mallos e en locais hostaleiros, ingresou en prisión provisional, comunicada e sen fianza, investigada por trata de seres humanos.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sinalou que a comisión de tal delito sería con fins de explotación sexual e detallou que os outros dez arrestados quedaron en liberdade tras pasar a disposición xudicial.

A causa aberta séguese polos delitos de pertenza a organización criminal, trata de seres humanos e o mencionado de prostitución.