As inspeccións para a PAC con drones e satélites comezará en 3.000 parcelas galegas
A plataforma Primar, que utiliza drones e imaxes de satélite para realizar inspeccións a beneficiarios da Política Agraria Común (PAC), comezará a usarse nunhas 3.000 parcelas galegas.
Forcarei (Pontevedra) acolleu este martes a presentación deste sistema piloto da Xunta para controis no campo mediante a obtención de datos xeográficos, territoriais e ambientais.
O encontro foi inaugurado pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, José Balseiros. á cita tamén acudiron uns 90 axentes do sector.
Este sistema analiza automaticamente imaxes capturadas e permite obter datos para os controis. Así, de forma automotizada compara o declarado na solicitude coa información recollida no campo.
A directora da Amtega destacou que Primar é un proxecto pioneiro de compra pública innovadora no ámbito do sector primario a nivel estatal, con solucións dixitais innovadoras. Ademais, ofrece servizos de valor engadido aos agricultores como unha aplicación móbil para capturar e enviar imaxes xeorreferenciadas, así como unha aplicación web para xestionar o caderno de explotación, que permite mellorar a toma de decisións.
Primar conta cun orzamento de catro millóns de euros, cofinanciado nun 80 por cento con fondos Feder. En outubro haberá outra xornada para dala a coñecer no Concello de Meira.