Interceptan a unha menor conducindo sen carné xunto ao seu pai en Ourense
23 de agosto de 2018 (20:58 h.)
A Garda Civil cazou á moza nun dispositivo de control de drogas e alcol, no municipio de Carballeda de Avia
Axentes da Garda Civil de Ourense interceptaron durante este mércores, dentro dun dispositivo de verificación de alcol e drogas, a unha menor que conducía, en compañía do seu pai, sen carné.
Segundo informou o corpo, os feitos tiveron lugar no municipio de Carballeda de Avia, onde a moza, B.V.G.F., foi sorprendida conducindo un vehículo no que tamén viaxaba o seu pai.
Por estes feitos instruíronse dilixencias e a moza foi posta a disposición da Fiscalía de Menores. O seu pai foi posto a disposición xudicial como cooperador necesario.