sábado. 30.05.2020 |
El tiempo
sábado. 30.05.2020
El tiempo

Intervalos anubrados e temperaturas sen cambios para este sábado en Galicia

Mapa da previsión do tempo para este sábado en Galicia.METEOGALICIA
Mapa da previsión do tempo para este sábado en Galicia.METEOGALICIA

Este sábado irase reforzando a influencia anticiclónica sobre Galicia. Así, empezará o día con intervalos anubrados e bancos de néboa en puntos do interior que deixarán paso a ceo con nubes de tipo alto.

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de compoñente norte e aumentará en intensidade pola tarde no litoral. Pola súa banda, as temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros descensos na metade norte.

Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán até os 29 graos en Ourense, mentres os valores mínimos descenderán até os 11 graos en Santiago de Compostela. 

Intervalos anubrados e temperaturas sen cambios para este sábado en...
comentarios