Investigadores da USC descobren unha proteína capaz de reverter a obesidade

O prótido supresor de tumores p53 diminúe a inxesta e estimula a graxa pardal en animais

Pruebas de laboratorio. AEP (ARCHIVO)
photo_camera Probas de laboratorio. AEP (ARQUIVO)

Investigadores da USC describiron por primeira vez como a activación da proteína supresora de tumores p53 nunha rexión específica do cerebro é capaz de reverter a obesidade en ratos, xa que diminúe a inxesta e, sobre todo, estimula a graxa parda –a que queima calorías, aumentando así o gasto enerxético–. Pola contra, a súa inhibición específica na mesma rexión do cerebro provoca obesidade en animais de experimentación. 

Foron investigadores do grupo Metabolismo Molecular da USC os que o demostraron por vez primeira nun artigo agora publicado na revista Nature Communications e que representa unha continuación da liña de investigación pioneira que está a realizar este equipo. O achado apunta a que p53 –coñecida ata agora pola súa función como supresor tumoral pode actuar como unha nova diana terapéutica na loita contra a obesidade. 
Mar Quiñones, Omar AL Massadi e Cintia Folgueira, principais autores do estudo, cren que estes resultados "poderían ter unha relevancia importante" xa que indican que proteínas cun papel crave na formación ou supresión de tumores "tamén poden participar no desenvolvemento da obesidade". 

Como explican, "existen resultados que indican que unha persoa obesa ten máis posibilidades de desenvolver certos tipos de cancro e, xa que logo, dúas enfermidades que parecen tan afastadas como o cancro e a obesidade, teñen mecanismos moleculares en común". 

Comentarios