Investigadores da UVigo descobren dúas novas especies de lombrigas de terra

Un ejemplar de una de las nuevas especies de miñoca. UVIGO

Bautizáronas como Galiciandrilus e Compostelandrilus

 

 

Investigadores do grupo de Ecoloxía Animal da Universidade de Vigo publicaron un artigo no que dan conta do achado de dúas novas especies de lombrigas de terra, e propuxeron dous xéneros, bautizados como Galiciandrilus e Compostelandrilus. 

Este grupo, liderado polo catedrático de Zooloxía Jorge Domínguez, xa publicara en 2015 un artigo no que demostrou que a actual clasificación de lombrigas na rexión paleártica e as hipóteses subxacentes de evolución tiñan que ser "revisadas", tal e como apuntou o propio Domínguez. 

Este científico lembrou a importancia das lombrigas de terra na ecoloxía do chan, sobre todo na configuración das comunidades vexetais que viven sobre elas, e por iso "son obxecto dunha investigación intensiva". No entanto, precisou, a súa clasificación taxonómica e as súas relacións evolutivas seguen suscitando debate. 

Na investigación do grupo vigués confirmouse, explicou o responsable do equipo, a "plasticidad anatómica" e a necesidade dunha "revisión extensiva" da taxonomía da familia Lumbricidae. Ademais, dada a distribución xeográfica das novas especies, "deberían iniciarse esforzos de conservación para preservar esta diversidade biolóxica única".